Convocatoria XVI premios semFYC PACAP
A semFYC, a través do seu Programa de Actividades Comunitarias na Atención Primaria (PACAP) convoca os XVI premios semFYC para proxectos de actividades comunitarias na atención primaria. Os proxectos que pretendan ser candidatos a estes premios deberán ser presentados antes do vindeiro 30 de setembro. Tanto o primeiro como o segundo premio gañarán a inscrición do Encontro PACAP e tamén, no caso do proxecto gañador, un lote de publicacións da semFYC.