Educación para a saúde no medio rural
Dende o Grupo de traballo de Medicina Rural de AGAMFEC, impulsamos o noso Proxecto sobre educación en saúde dentro do medio rural. Abordando temas diversos para a mellora de formación en saúde, comezamos os obradoiros en Calvos de Randín coa Asociación de mulleres rurais, que participaron nun curso de Reanimación Cardiopulmonar.