Comunicado 22-4-19

Reunidos en Santiago o 22 de abril, a xunta directiva de Agamfec decidiu, colexiadamente, desvincularse da coordinadora galega de Atención Primaria.

Entendemos que no momento actual de críticas, comunicados e tamén de erros na xestión da coordinadora, é momento de dar paso á reflexión e ó debate sosegado e abriremos un periodo de diálogo interno e profundización nas grandes tarefas que temos por diante na posta ó día da AP.

O desenvolvemento da coordinadora e o seu futuro decidirano as asembleas das áreas galegas e a ellas tocaralles determinar a folla de ruta. O vivido nas últimas semanas amósanos cuán lonxe estamos de ter unha unidade dende o punto de vista sindical, social e profesional na estratexia de lograr unha AP como referente sanitario.

AGAMFEC fixo un gran esforzo de mobilización e seguirá participando en todos aqueles foros que se cren e continuará promovendo debates e iniciativas en busca do maior consenso e unidade entre todos os profesionais e sectores implicados para atopar un modelo que, neste momentos críticos, devolva a ilusión e o orgullo de poder dar un bo servizo ós nosos cidadáns.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies