AGAMFEC 2.0: Despedida E Agradecemento.

Saúdos a tod@s,

En 2014 asumín a vogalía Web de AGAMFEC en tempos difíciles e de transición, con cambios de secretarias técnicas, e progresiva dixitalización de contidos. E estrea de Web, máis moderna, funcional, con novos contidos, compatible con calquera soporte, adaptada aos novos tempos e novas necesidades, desde onde poder seguir o día a día da nosa asociación: as conferencias, os eventos, cursos, xornadas, documentación útil…. Con áreas de acceso restrinxido a socios.

Con moita ilusión, ganas de crecer e ampliar as novidades en AGAMFEC, estreámonos tamén en Redes : inicialmente FacebookTwitter  e Youtube, cun aumento continuo de seguidores, e posteriormente en Pinterest e Instagram.

En 2016 tivemos o privilexio de ter en Galicia o congreso nacional semFYC,  #GalisemFYC foi un dos Trending Topics ( tendencia, tema de tendencia ou tema do momento) de España o 09-06-2016, durante máis de 5 minutos. (En concreto terminou sendo o trending topic 54 dos 420 do día, cunha duración de 05:45 minutos)

Creei unha App Móbil De Agamfec en Google Play (Android). Para as nosas XIX Xornadas, e XX Xornadas Galegas De Medicina Familiar E Comunitaria, nas que tiven a honra de participar no seu comité organizador. Así como o cartel das I XORNADAS SAUDE PARA TODOS  de Vigo e o seu programa.

En tempo de crise económica mundial, tocou o abandono do formato clásico en papel da nosa revista revista Cadernos de atención primaria e convertila en dixital ,  para iso creei unha plataforma propia axustada ás necesidades da mesma, un sistema máis áxil e interactivo, que permite facer comentarios a pé de texto, acceder aos artigos directamente, por seccións ou por autores, buscador….Onde podes consultar tanto os números máis recentes como números antigos editados en papel, a idea é chegar a ofrecervos a historia completa de Cadernos a todos os que queirades consultalos na rede. Detrás da conversión a revista dixital hai un importante investimento de tempo, non só de creación da plataforma e publicación dos mesmos pola miña banda, senón un lento proceso de dixitalización daqueles exemplares que foron editados con sistemas máis antigos por parte do noso compañeiro Diego Terceiro.

Así mesmo, asumín as funcións de editor de Cadernos de Atención Primaria durante 2017, agradecer o gran traballo de revisión dos artigos polos compañeiros de xunta directiva e a todos os autores que xenerosamente colaboraron nos devanditos números da revista, nese ano difícil de transición ata o actual comité editorial.

En maio de 2015, no día das Telecomunicacións e internet, e día das Letras e Lingua galega, rexistramos agamfec.gal e así a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC) sumouse as institucións que empregan o dominio . gal como mostra de apoio e fomento da Cultura e Lingua galega na Internet, xunto a iso empecei a traducir a web e contidos a galego ( anteriormente publicados indiscriminadamente no idioma que fosen enviados e non sempre en galego ) un proceso longo e non completo, xunto coa publicación de recursos útiles para traballar en gallego en Medicina.

Unha inxente labor de renovación e actualización, desde a vogalía web de AGAMFEC, que exercín durante estes últimos 5 anos, sen esquecer os criterios de rigurosidade e calidade. Así se lograron novos sellos de calidade e acreditación,  e traballei ata lograr a reacreditación da web naqueles que levaban anos caducados, así como a obtención de novas certificacións como a WIS (Web de Interese Sanitario )

Seguro que me deixo persoas e actividades no tinteiro… Grazas pola confianza depositada en min durante estes anos, tanto na coordinación e acreditación / re-acreditación da páxina web, como na xestión das redes sociais da nosa asociación, editor de cadernos, e dixitalización da nosa revista… Pedir desculpas polos erros que se puideron cometer durante este intenso proceso, por suposto sempre involuntarios pero inevitables, innovar e cometer algún erro son procesos que van da man. “O único home que non se equivoca é o que nunca fai nada” ( Goethe ).

Lonxe queda o noso Primeiro Ano En Twitter. Sempre lembrarei momentos inesquecibles e sobre todo manterei o contacto con algúns bos amigos. Franz Kafka en “Aforismos, visións e soños” (1917), escribiu: “O camiño verdadeiro pasa por unha corda, que non está estendida no alto, senón sobre o chan. Parece preparada máis para facer tropezar, que para que se siga o seu rumbo.”

Seguindo a sabedoría popular, nunca é tarde para emprender un novo rumbo, vivir unha nova historia ou construír un novo soño. Coa mesma convicción que empecei como vocal web de AGAMFEC, co afán de mellorar a participación dos socios, defender a nosa profesión e a asistencia aos nosos pacientes, despídome.

Isto non é máis que un “ata logo”, xa que nos atoparemos na actividade asistencial do día a día, nos nosos centros de saúde e PAC… ou nas redes

Déixovos o meu contacto persoal para o que poidades necesitar

A todos, adeus e grazas.

Víctor Julio Quesada Varela
http://victorjqv.com.es/

Médico de Familia. Ex – vocal web.
Coordinador do grupo de Novas Tecnoloxías de AGAMFEC.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies