Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Só se ve o que se mira e só se míra o que se está preparado para ver”.

A.Bertillon

Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.Todos os días do ano son valiosos nas nosas consultas para a detección, abordaxe e acompañamento a estas mulleres en situación de violencia de xénero.


Os e as profesionais de Atención Primaria, pola súa proximidade á poboación, atención lonxitudinal no tempo e a facilidade para actuar de forma coordinada con outros servizos, atopámonos nun lugar privilexiado e é imprescindible que deamos unha resposta adecuada e segura a estas mulleres que sabemos que acoden á nosa consulta.


Todas e todos como profesionais dá saúde temos un compromiso ante elas e ante os seus fillos e fillas. Precísase unha resposta ante a violencia machista, cun cribado universal en saúde, implicación na prevención, na detección precoz e na atención ás mulleres.


Temos ese compromiso e somos un elo imprescindible para a cadea que fará posible que algún día os 25 de novembro estean no recordo.

Rosana Izquierdo Fernández

Médica de familia. Coordinadora do Grupo de Violencia de Xénero da AGAMFEC.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies