A Incapacidade Temporal e o novo Real Decreto

A AGAMFEC foi invitada, na representación da Atención Primaria, a unha xornada divulgativa sobre a Incapacidade Temporal e o novo Real Decreto, organizada polo Sindicato CC.OO. Esta xornada tiña como fin pór de manifesto a nova situación que crea o novo Real Decreto 625/2014 (cuio percorrido activo iniciouse o pasado un de setembro). Esto permitiunos voltar a recalcar as ideas sobre a Incapacidade Temporal xa defendidas (repetitivamente) pola nosa Sociedade:

  1. A Incapacidade Temporal ten que considerarse un proceso clínico, non só un proceso burocrático e administrativo.
  2. A Incapacidade Temporal non debe recaer só nos profesionais da Atención Primaria, se non no médico da Especialidade que determine a incapacidade do paciente para traballar.
  3. Os novos tramos dos partes de confirmación son totalmente inaxeitados e confusos e só traerán erros administrativos.
  4. A nivel galego, seguimos insistindo no desenrolo do artigo 6 do Real Decreto 1299/2006, de Enfermedades Profesionais, para axilizar a sospeita diagnostica da mesma e o seu circuito de notificación máis simplificado, debendo reanuda-los traballos da mesa que se constituiu no SERGAS no 2012.

Por tal motivo, seguimos incidindo na necesidade de reconducir a situación que creará o Real Decreto 625/2014 na súa posta en marcha.

Acceso ó Real Decreto 625/2014 do BOE

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies