Decalogo_senior_galego_COVID19_BANNER

Decálogo sénior de coidados para o benestar emocional

Debido á aparición do Coronavirus, as Autoridades Sanitarias pedíronlle que permanezan na casa, podendo só saír para o estritamente necesario.

Esta medida é moi importante para evitar que vostede se contaxie e/ou contaxie ós demais, pero pode resultar incómoda, sobre todo se vostede está só/a.

Intente realiza-las actividades deste decálogo para levalo o mellor posible. 

  1. Actitude positiva. Vostede é forte e capaz e esta situación non durará para sempre.
  2. Manteña unha hixiene correcta, sen obsesionarse.
  3. Evite falar todo o tempo deste tema.
  4. Apóiese na súa familia, amigos ou rede de voluntarios. Utilice o teléfono para comunicarse con eles.
  5. Axude ós demais a seren positivos e adaptarse a esta situación. Vostede é moi valioso.
  6. Utilice só información veraz: Ministerio de Sanidade, Colexios de Médicos, organismos oficiais, OMS, etc.
  7. Intente levar unha vida o máis normal posible. Cree rutinas diarias, non deixe de amañarse, nin facer cousas que lle fagan sentir ben.
  8. Márquese pequenos obxectivos que poida cumprir cada día para estar activo.
  9. Se non pode saír da casa, avise á rede de voluntarios para que lle faga a compra e os recados que precise.
  10. Non trivialice o seu risco nin se obsesione con el. Sexa prudente.
Decálogo Senior Coronavirus

DESCARGA O DECÁLOGO



Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies