Enfermidade por virus Ébola. Recomendacions para a Atención Primaria.

Ata fai poucos meses, a enfermidade polo virus Ébola (EVE) era unha patoloxía exótica, afastada dos países occidentais xa que só afectaba a algunhas zonas concretas de África. A actual epidemia deu un salto cualitativo importante debido á elevada incidencia, a localización en zonas antes libres de epidemias(África occidental) e como consecuencia, a chegada a Europa dalgúns casos.

O presente documento, elaborado polo grupo de enfermidades infecciosas de semFYC, ten como obxectivo, en primeiro lugar, resumir os conceptos básicos sobre o virus Ébola, causante da febre hemorráxica, e, en segundo lugar, orientar a actuación ante un posible caso en Atención Primaria (AP). A intención é que estas recomendaciones permitan mellorar as habilidades clínicas dos médicos de familia fronte a unha patoloxía pouco prevalente no noso medio. O documento elaborouse de forma que fóra de consulta fácil, áxil e visual, e para iso ofrece recomendacions para a organización dun centro de saúde e guías «paso a paso» nas diferentes situacións de atención a un posible caso de EVE. Como sociedade científica, semFYC debe transmitir seguridade, confianza no noso sistema sanitario e na AP, e que mellor forma de facelo que ofrecer ao primeiro nivel asistencial, ferramentas de mellora e orientación da nosa práctica diaria. Así mesmo, con este documento, semFYC recoñece o papel importante que deben desempeñar a AP e os seus profesionais na detección dos pacientes con risco. Esperamos que este documento sexa de utilidade para os profesionais dos Equipos de Atención Primaria de España e que axude ás administracións sanitarias do noso país a un mellor proceso de atención aos pacientes cunha patoloxía pouco prevalente na nosa contorna pero moi importante a nivel global. Descargar documento en formato PDF  

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies