XIX Xornadas da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

A illa de A Toxa acolle, o venres 14 (maña e tarde) e o sábado 15 (pola mañá ), as XIX Xornadas da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Este encontro reúne a centos de médicos de Familia da comunidade autónoma, na actividade anual da Sociedade de Atención Primaria máis antiga de Galicia.

Baixo o lema O primeiro: Non facer dano,na xornada do venres os asistentes formaranse e actualizaranse en patoloxias tan cotiás como a osteoporose, patoloxía cardiovascular, uso axeitado de antibióticos, demencia ou o cancro, pero dende a base hipocrática de “primum non nocere”. Preténdese, deste xeito, que os médicos asistentes compartan e adquiran habilidades para evitar a iatroxenia nos pacientes do día a día, cada vez máis polimedicados e complexos.

Á par, as Xornadas abordan obradoiros de habilidades en novas tecnoloxías, pacientes da urxencia e o uso de técnicas de imaxe como a ecografía ou dermatoscopia, asi como a feira de habilidades que se desenrolará o sábado pola maña, na que os asistentes poderán visitar distintas actividades variadas do quefacer diario do médico de familia.

Así mesmo, o programa científico das Xornadas contará cunha mesa específica de actualización sobre EPOC-asma e con dúas conferencias. Unha sobre Saúde oral e periodontite no marco da saúde integral do paciente, que correrá a cargo do Doutor Gabriel Villaverde Ramírez, e outra de clausura que versará sobre os Cambios na Medicina en función dos avances na Xenética, impartida polo Profesor Angel Carracedo Álvarez , director do Departamento de Medicina Xenómica e Catedrático da Universidade de Santiago.

Ademais ,os médicos assistentes, aportarán tamén a través dos traballos presentados, o seu coñecemento individual, compartíndoo cos demais asistentes.

Un ano máis preténdese, deste xeito, seguir mantendo a formación dos médicos de Atención Primaria ó día, sempre pensando no paciente, pois a Atención Primaria é a base do sistema sanitario, onde importa máis a persoa que ten a enfermidade que a enfermidade que ten a persoa.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies