BANNER-ENCUESTA-COMUNICADO-SEMFYC

A semFYC xunto coas 17 sociedades de Medicina Familiar de cada Comunidade Autónoma reclama negociación fronte ao Real Decreto de contratación de profesionais sen especialidade

40º Congreso Nacional e Virtual da semFYC, que comezou o pasado 15 de setembro, foi clausurado onte, 6 de outubro, constituído como espazo para a reflexión da especialidade de Medicina de Familiar e a situación da Atención Primaria, eixe das sesións inaugurais e da clausura do congreso. Precisamente, neste acto de clausura se presentaron os resultados dunha enquisa sobre a presión asistencial á que se ven sometidos os especialistas que traballan en Atención Primaria.

Por outra banda, as sociedades médicas que constitúen a federación semFYC, entre as que se atopa a Agamfec, analizaron o Real Decreto-lei 29/2020, de 29 de setembro, de medidas urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e de recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, mostrándose abertamente en contra das medidas tomadas.

A presión asistencial coa que se atopan agora os Médicos de Familia que traballan en Atención Primaria é unha consecuencia non só do déficit de profesionais e de anos de subfinanciaciamento, senón tamén dunha mala xestión dos recursos sanitarios deste nivel asistencial. Despois do período de confinamento, no contexto da pandemia COVID-19, houbo que reorganizar toda a actividade asistencial: era necesario recuperar a atención ao paciente con enfermidades agudas e crónicas e asegurar a atención a aqueles con sospeita de padecer a enfermidade por coronavirus

“Para ello era preceptivo establecer medidas de seguridad que minimizaran el riesgo de contagio para los pacientes y para los profesionales. Las salas de espera se vaciaron, se establecieron circuitos de pacientes con sospecha de COVID y NO COVID, se redujo el desplazamiento de los pacientes para procedimientos administrativos y se planificó la atención en consulta en dos modalidades: presencial y no presencial”, explica Salvador Tranchepresidente da semFYC, para quen “el objetivo era y es la seguridad de los pacientes y los profesionales”.

Para analizar que sucedeu, a semFYC deseñou unha enquisa sobre a actividade asistencial correspondente á última semana de agosto e que foi cumprimentada por 1.461 médicos de familiar que traballan en Atención Primaria ao longo de todo o territorio español,  cuxos resultados foron presentados na clausura do Congreso.

Estes resultados poñen luz sobre a presión asistencial que están a soportar os e as médicos de familia e traballan en Atención Primaria. Os datos apuntan a que os médicos de familia realizaron unhas medias diarias de actividade asistencial de:

  • 32 actos médicos ao día mediante teleasistencia. Se cada un destes actos supón unha media de 10 minutos, as e os médicos de familia pasan ata 5 horas e 20 minutos atendendo a pacientes a través do teléfono, de maneira telemática.

  • 10 pacientes con visita presencial.  De media, cada un destes pacientes pode requirir entre 10 e 15 minutos, o que implica destinar a actos médicos presenciais arredor de dúas horas.

  • 1 visita domiciliaria, que contabiliza outros 30 minutos de asistencia.

En total, e se un médico de familia funcionase coma un robot, estaría prestando asistencia médica ininterrompida arredor de 8 horas e 23 minutos e atendendo a uns 42 pacientes diarios.

Aínda así, esta situación non é uniforme en todo o territorio e, segundo a enquisa realizada pola semFYC, nese período os médicos de determinados centros de saúde, en concreto das comunidades autónomas de Madrid, Extremadura ou Comunidade Valenciana, chegaron a atender (cada un deles) a 65-70 pacientes diarios.

Por outra parte, se analizamos especificamente a actividade na consulta de respiratorio, que adoita ser rotativa entre os diferentes médicos dun centro de saúde, as e os médicos sinalan que poden estar visitando presencialmente unha media de 37 pacientes semanais.

Para poñer en contexto estas cifras, se compararon cos datos de actividade asistencial rexistrados estatisticamente no Ministerio de Sanidade. Nun ano ‘normal’ como 2018 os médicos de familia de Atención Primaria levaron a cabo algo máis de 199 millóns de consultas. Isto tradúcese en que cada médico realizou 27,3 actos médicos ao día, de media, o que preto de 7 horas de asistencia médica diaria. A isto hai que engadir tres actos médicos urxentes de media, por medio, e alcanzando un total de 30 ou 31 actos médicos ao día. Eran datos dun ano normal no que, aínda así, xa se denunciaba a precariedade laboral.

En agosto de 2020 rexistrouse un aumento medio da actividade asistencial do 32% con respecto aos datos de 2018. Aínda así. Malia iso, naqueles casos nos que se estiveron rexistrando 60-70 consultas diarias por médicos de familia, o aumento da presión asistencial podería situarse por enriba de 100%.

// Vía telefónica con expectativa de inmediatez 

Un dos motivos deste excelente traballo que ten que ver con que os xestores insistiron en que os equipos de Atención Primaria tiveran todas as súas vacacións durante o período estival para facer fronte a unha probable nova ola de COVID19 en outono, ao que se sumaría el período propio do virus da gripe. Pero, ao mesmo tempo que os facultativos se vían obrigados a coller vacacións, comprobouse que as cidades non quedaron valeiras como en anos anteriores; e que o mundo rural ampliou a súa poboación, provocando que a presión asistencial para os médicos de familia foran tan alta en todo o territorio nacional, tanto no ámbito rural como no urbano.

// As sociedades científicas da semFYC, en desacordo co Real Decreto-lei 29/2020

As 17 sociedades científicas que constitúen a federación semFYC , entre as que se atopa Agamfec e que representan aos seus 20.000 socios, manifestáronse en clara oposición ao Real Decreto-lei 29/2020, de 29 de setembro, de medidas urxentes en materia de teletraballo nas Administracións Públicas e de recursos humanos no Sistema Nacional de Saúde para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. E fixérono a través dun manifesto no que, en primeiro lugar, fan alusión á “la irregularidad social que entraña emplear un mismo documento legal para normativizar alrededor de dos cuestiones tan dispares como son el teletrabajo por parte del cuerpo de las Administraciones Públicas, en general; y los procedimientos de contratación de personal sanitario (y por tanto especializado), en particular”.

Por outra banda, as sociedades científicas aclaran no manifesto que en ningún momento se tivo en conta aos profesionais á hora de negociar o citado Decreto Lei, como demostra o feito de que “ningún representante de Presidencia, ni del Ministerio de Sanidad haya atendido las demandas de las numerosas organizaciones médicas que han manifestado su oposición al Real Decreto. Entendemos, por tanto, que no hay voluntad política de respetar a los especialistas en Medicina y asumimos que la comunidad médica y sanitaria debe asumir el texto como una imposición política sobre los profesionales que sostienen la salud de los ciudadanos de todas las comunidades autónomas en esta terrible pandemia”. E iso malia que o texto normativo sinala: “La redacción contenida en este real decreto-ley es fruto del diálogo fluido entre las distintas Administraciones Públicas y las organizaciones sindicales, ejemplo de cogobernanza en una administración pública multinivel”.

// Unha lei que supón o deterioro da calidade asistencial

Os médicos de Atención Primaria levan tempo solicitando o incremento e a mellora dos recursos humanos deste nivel asistencial, por medio da elaboración e asignación de orzamentos finalistas destinados a optimizar a carteira de servizos que se ofrece. Por este motivo entenden que “la contratación de profesionales sin especialidad incumple estos criterios dado que suponen un claro deterioro de la calidad asistencial, conllevan un riesgo para la seguridad clínica de los pacientes y de los profesionales en ejercicio. Entendemos que, en muchos de estos casos, se puede tratar de jóvenes con sus estudios recién terminados que, debido a una exposición del calibre que está suponiendo la epidemia de COVID19 pueden cometer errores que pesarán legalmente en su futuro desarrollo profesional. Este tipo de iniciativas y otras que hemos observado durante el abordaje de la crisis de la COVID19 por parte de gestores y políticos está señalando a toda una generación de médicos”.

Finalmente, a aplicación da fórmula do Real Decreto-lei supón un intento de regularizar e normativizar unha práctica denunciada en repetidas ocasións, posto que “vulnera la normativa de la UE, orgánicamente superior”.

Ante esta situación, ademais, a semFYC entende que a aprobación por parte do Goberno deste Real Decreto: 

  • Constitúe unha grave vulneración do Sistema Nacional de Saúde, e de todo o conxunto de especialidades.

  • Implica un menoscabo para os especialistas que desemboca nunha crise de reputación cara a profesionalidade dos nosos médicos.

  • Transmite aos nosos MIR a mensaxe de “iros a otro país que aquí no os valoramos”, coa subseguinte fuga de batas brancas que pon en risco o futuro da saúde de todos

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies