AGAMFEC INFORMA COVID19

AGAMFEC INFORMA

SOBRE A CONTRATACIÓN DE MÉDICOS SEN TÍTULO DE ESPECIALISTA

A Agamfec, principal asociación dos médicos de familia galegos, segue con preocupación a situación da Atención Primaria (AP) galega e, nestes días con máis motivos ainda, as respostas que se están a dar dende a consellería de sanidade e as xerencias de xestión nas distintas áreas do noso país.

A información que nos chega de compañeiros da asociación é que se están a contratar en centros de saúde e PACs médicos extracomunitarios sen título de especialista homologado para exercer en AP. O máis escandaloso é que nalgún caso poden tratarse de especialistas de nivel hospitalario pero sen título homologado para exercer como tal nos hospitales galegos. Cousa que valoramos positivamente en defensa dunha sanidade pública de calidade e con garantías. Pero semella unha falta de consideración hacia a medicina de familia e a AP que eses mesmos podan exercer de médicos de familia nun centro asistencial do SERGAS. Cómo é posible un despezo semellante a importancia da AP? Quérese transmitir con este tipo de medidas a mensaxe que para médico de familia vale calqueira? Esa é a aconsideración de nos que ten os nosos directivos? A AP é o eixo vertebrador do sistema que se pode menospreciar sen rubor?

Non estamos, por sorte, nunha situación de grave crise pandémica ni nunha situación de emerxencia sanitaria. A sanidade débese xestionar con criterio, con planificación das necesidades, con boas ofertas de contratos que busque fidelizar os nosos xóvenes médicos. A derradeira convocatoria de prazas de difícil cobertura non serviu para fidelizar os xóvenes pero puso de relevo que ante unha oferta de contratos con continuidade i estabilidade, presentanse case 3 candidatos por cada praza ofertada. Non é ese o xeito de conseguir médicos? Por que sempre se aposta por rebaixas de calidade en AP? Os   cidadáns galegos non merecen unha AP de excelencia e calidade?  A nosa sociedade sempre colaborará no deseño e implementación das reformas que a AP precise pero seremos vixiantes con este tipo de atalllos e agardemos a rectificación inmediata de medidas que vaian en contra dunha atención sanitaria na busca da excelencia.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies