XX XORNADAS DE MEDICINA DE FAMILIA DA AGAMFEC

PRESENTACIÓN

Este ano 2015 AGAMFEC celebra en Vigo os seus vinte anos de Congresos de Medicina de Familia, e querémolo celebrar rompendo con todo o establecido, coas ideas preconcibidas acerca dun congreso, e en vez de dous únicos días, ampliamos a duración do noso evento a toda unha semana, concretamente do 16 ao 22 de novembro, sete días enteiros de actividades por e para a comunidade: A Semana da Atención Primaria.


PROGRAMACOMUNICACIÓNSREXISTROVIDEOS

A Semana da Atención Primaria inclúe actividades moi diferentes:

  • Xornadas “Saúde para todos en Vigo” AGAMFEC 2015
    Do 16 ao 19 de novembro. Encontros para a poboación en xeral nos que intercambiar experiencias, datos e vivencias. Con temas de máxima actualidade.
    mais informacion en https://www.agamfec.com/saude-para-todos/
  • Vasco de Gama Conference Exchange
    Do 17 ao 22 de novembro. Actividades dirixidas a médicos xóvenes e en formación. Inclúe visitas a centros de saúde, , 5 becas de inscrición ás Xornadas.
  • Xornada Precongresual. Tarde da Dermatoloxía en Primaria.
  • As XX Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria
    Baixo o lema “Novos Retos para unha Nova Medicina de Familia”, porque ningunha especialidade cambiu tanto como a nosa nas útimas dúas décadas. O noso congreso de sempre pero novo e cambiado por completo, os días 20 e 21 de novembro, con múltiples propostas para os médicos e enfermeiros de familia galegos. Charlas, obradoiros, debates, premios e moitísimo máis.

¡¡¡Revisa este planning e non faltes a nada!!!

PROGRAMA EN PDF

 

NORMAS PARA A ACEPTACIÓN DE RESUMOS.

XX XORNADAS AGAMFEC 2015

Deben ser traballos orixinais.
Envío de resumos dos traballos
: Do 1 de agosto ao 15 de outubro.

Debido á ampliación previa do prazo para o envío de propostas, o comite decidiu ampliar tamén os prazos para:

Veredicto e resultados: 28 de outubro.
Envío dos pósters completos para a súa maquetación:Do 29 de outubro ao 12 de novembro.

NORMAS en PDF

Plantillas de presentación

O soporte das comunicacións orais será unha presentación en powerpoint. Non hai un número límite de diapositivas pero si de tempo que será de 8 minutos por cada presentación.

Data límite para inscribirse online as xornadas 14 de novembro de 2015. A partir desta data a inscrición deberá realizarse na sede Afundación na área de acreditación. (Venres, 20 de novembro: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h. Sábado, 21 de novembro: de 9:00 a 14:15 h.)

Faite socio de AGAMFEC, e poderas inscribirte cun importante aforro. Poden selo todolos médicos que traballen ou estén relacionados coa Atención Primaria, sexan ou non especialistas en Medicina de Familia e Comunitaria. O importe da inscripción a AGAMFeC é 30 € semestrais (25 € os MIR de Medicina de Familia, sendo GRATIS para MIR R1).

As taxas de inscricion  inclúen: Asistencia ás sesións científicas e documentación oficial das Xornadas.
Os Obradoiros do 20 novembro son gratuitos para os inscritos.
Prazas limitadas, máximo dous obradoiros por persoa. As inscricións aos obradoiros realizaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Para asistir aos mesmos é imprescindible estar inscrito ás Xornadas en xeral. A organización resérvase o dereito de cancelar algún obradoiro en caso de non ocuparse un número mínimo de prazas.

90- Xubilado Socio AGAMFEC ou AGEFEC
115-  Residente socio de outra Sociedade de Atención Primaria
180- Socio senior de outra Sociedade de Atención Primaria.
220-  Senior non socio de ningunha das Sociedades de Atención Primaria
Poderá realizar o pago das taxas de inscrición mediante unhas destas opcións:
  • Transferencia Bancaria: A nome de AGAMFEC, ao número de conta IBAN ES11 2080 0300 85 3045561003 de Abanca (R/ Montero Ríos 7, 15701 de Santiago de Compostela). Unha copia da transferencia debe ser remitida xunto co formulario de inscrición. É válido enviar por fax o formulario de inscrición e a copia da transferencia. Data límite para efectuar transferencias: 12 de novembro de 2015. Fax: 902 113 630
  • Tarxeta de crédito: Marque o apartado correspondente do formulario de inscrición. Non esqueza asinar o formulario, indicar o nome do titular da tarxeta, a data de caducidade e o código de control. Aceptanse, unicamente, tarxetas Visa e MasterCard.

Cancelacións e Cambios

As cancelacións deberán realizarse por escrito. Aplicaranse as seguintes normas: todas as cancelacións recibidas antes do 20 de outubro darán dereito á devolución do importe aboado, excepto 25€ en concepto de gastos administrativos. A partir de dita data non se farán devolucións. As devolucións realizaranse aproximadamente un mes despois das Xornadas.

Cada cambio de nome do participante inscrito implicará unha taxa de 10€ en concepto de gastos administrativos. Só se poderán realizar cambios de nome dentro da mesma taxa de inscrición.

Conferencia Inaugural: 20 anos de congresos AGAMFEC

Conferencia de clausura: AGAMFEC 2015

PREMIOS ÁS COMUNICACIÓNS – AGAMFEC Vigo 2015

Timeline do congreso #agamfec2015

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies