CURSO DE SOPORTE VITAL AVANZADO CARDIO-TRAUMATOLÓXICO

Cargando mapa....

Información das datas
26/09/2014 - 27/09/2014
Todo o día

Sede de celebración
HOSPITAL MONTECELO (PONTEVEDRA)

Na/s categoría/s


AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓNS ATA ESGOTAR AS PRAZAS PENDENTES

Número de alumnos: 20

Duración: 20 horas

OBXETIVOS:

Xerais:
Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.

Específicos:

Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:

  • Recoñecer a perda de consciencia.
  • Realizar a apertura da vía aérea.
  • Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
  • Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
  • Realizar o illamento da vía aérea.
  • Manexar adecuadamente as vías venosas.
  • Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
  • Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
  • Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
  • Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
  • Utilizar os medios de inmobilización máis axeitados.
  • Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
  • Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
  • Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral dacordo á súa patoloxía.

ORGANIZACIÓN:
Programa / cronograma:

PRIMEIRA XORNADA
Teórica
9:00 – 9:30 h. PRESENTACIÓN, EXAME TEÓRICO INICIAL

Teórica
9:30 – 10:00 h. SOPORTE VITAL BÁSICO

Obradoiro
10:00 – 10:30 h. PRÁCTICAS DE SOPORTE VITAL BÁSICO
10:30 – 11:30 h. PRÁCTICAS DE ARRITMIAS PERIPARADAS
11:30 – 12:30 h. PRÁCTICAS DE VÍA AÉREA

Teórica
12:30 – 13:00 h. Atención inicial prehospitalaria ao IAM

Obradoiro
13:00 – 14:00 h. PRÁCTICA INTEGRADA CARDIO-TRAUMA

Obradoiro
16:00 – 17:30 h. PRÁCTICAS DE TRAUMA: Retirada Casco, Kendrick e Decubito Irregular

Teórica
17:30 – 18:00 h. TCE, TRAUMA TORACO-ABDOMINAL

Teórica
18:00 – 18:30 h. TRAUMA EXTREMIDADES
18:30 – 18:45 h. Descanso

Obradoiro
19:00 – 21:00 h. PRÁCTICA INTEGRADA Cardio-Traumatológico

SEGUNDA XORNADA
Teórica
9:00 – 9:30 h. SITUACIÓNS ESPECIAIS

Teórica
9:30 – 10:00 h. Sedación, analxesia e relaxación neuromuscular: SRI

Obradoiro
10:00 – 12:00 h. Práctica integrada en trauma /cardio

12:00 – 12:30 h. Descanso
12:30 – 14:00 h. Repaso

Grupos A-B-C
16:00 – 16:30 h. Exame teórico

16:30 – 18:30 h. Práctica Integrada en trauma/cardio

18:30 – 19:00 h. Descanso
19:00 – 21:00 h. Exame práctico

ENQUISA DE SATISFACCIÓN

Profesorado:
Instructores e monitores de RCP avanzada da SEMICYUC (Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias).
Persoal docente con actividade habitual nas emerxencias médicas..

Criterios de selección dos alumnos:

O curso está dirixido a persoal sanitario (médicos e DUE) con actividade profesional en servizos de urxencias intra e extrahospitalarias. Por iso, seleccionaranse as solicitudes en base a:

  • Lugar de actividade profesional habitual: valorarase o desempeño de actividade en servizos de urxencias.
  • Número de pacientes atendidos ó ano en servizo de traballo habitual: valorarase o maior número de pacientes.

Dirixido a:
Médicos e diplomados universitarios en enfermaría con expecialidade de urxencias, e médicos coa especialidade de medicina familiar e comunitaria.

PERTINENCIA DA ACTIVIDADE:
Necesidades ás que responde:

  • Profesionais: Completar e reforzar unha área esencial para o correcto desempeño do traballo profesional habitual.
  • Necesidades detectadas de acordo ao estudio Delphi: As necesidades de formación do persoal sanitario da rede asistencial do SERGAS.

Método de detección empregado:

  • Demanda habitual deste tipo de formación por parte dos profesionais.
  • Enquisas dirixidas.
  • Demanda vía Internet a nosa páxina Web.

METODOLOXÍA DOCENTE:
O curso consta dunha parte de clases teóricas e outra de desenvolvmento de obradoiros prácticos para adquirir as habilidades específicas das técnicas de RCP avanzada cardiotraumatolóxica.

ACREDITACIÓN:
Todos os alumnos recibirán un diploma do curso realizado que será emitido polo Consejo Español de Resucitación Cardiopulmonar (CERCP).
A lista de alumnos que teñan realizado o curso será enviada á Secretaría do Comité de RCP, así como o programa impartido e un resumo dos resultados da enquisa.

Comisión Autonómica de Formación Continuada do Plan Nacional de Salud.
CERCP-logo

 

 

AVALIACIÓN:
Requerimentos para a obtención de créditos:

  • Asistencia ao 100% das clases teóricas e prácticas.
  • Exame teórico tipo test: require superar o 75% das preguntas.
  • Exame de práctica integrada: simulación dunha situación de parada cardiorrespiratoria que debe ser tratada polo alumno como director do equipo.

Avaliación dos docentes:

  • Enquisa de satisfacción por parte dos alumnos.
  • O curso debe ser superado por máis do 80% dos asistentes.

DESCARGAR INFORMACIÓN COMPLETA DO CURSO EN FORMATO PDF

Reservas de praza

As reservas están pechadas.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies