Información Xeral
Dende esta mesma páxina pódese inscribir nas XXI Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria.
Pulse aquí para INSCRIBIRSE AS XORNADAS
Deberá enviar o formulario de inscrición cumprimentado na sua totalidade, de forma lexible e acompañado do pago correspondente. Confirmaranse por escrito todas as inscricións recibidas.
Taxas Inscrición
1. Socio Senior AGAMFEC ou AGEFEC |
155€ |
2. Socio Senior doutra Sociedade de Atención Primaria |
180€ |
3. Non Socio Senior de ningunha Sociedade de Atención Primaria |
220€ |
4. Residente Socio AGAMFEC ou AGEFEC |
90€ |
5. Residente Socio doutra Sociedade de Atención Primaria |
115€ |
6. Residente Non Socio de ningunha Sociedade de Atención Primaria |
130€ |
7. Cea Oficial das Xornadas (Venres, 17 de novembro) |
40€ |
As taxas do 1 ao 6 inclúen: Asistencia ás sesións científicas e documentación oficial das Xornadas. Taxas 4, 5 e 6: Imprescindible adxuntar documento en papel oficial da institución firmado polo xefe de servizo/supervisor. Taxa 7: prazas limitadas, reserva por rigorosa orde de chegada das solicitudes.
Obradoiros (venres 17 novembro)
Os Obradoiros son gratuítos. Prazas limitadas, máximo dous obradoiros por persoa. As inscricións aos obradoiros realizaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Para asistir aos mesmos é imprescindible estar inscrito ás Xornadas en xeral. A organización resérvase o dereito de cancelar algún obradoiro en caso de non ocuparse un número mínimo de prazas.
Data límite para inscribirse antes das xornadas
9 de novembro de 2017. A partir desta data a inscrición deberá realizarse na sede Centro Cultural Marcos Valcárcel na área de acreditación (ver horario a continuación).
Horario Secretaría
Venres, 17 de novembro: de 9:00 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h.
Sábado, 18 de novembro: de 9:00 a 14:15 h.
Forma de Pago
Poderá realizar o pago das taxas de inscrición mediante unhas destas opcións:
Transferencia Bancaria: A nome de AGAMFEC, ao número de conta IBAN ES11 2080 0300 85 3045561003 de Abanca (R/ Montero Ríos 7, 15701 de Santiago de Compostela). Unha copia da transferencia debe ser remitida xunto co formulario de inscrición. E-mail: secretaria@agamfec.com
Data límite para efectuar transferencias: 9 de novembro de 2017.
Tarxeta de crédito: Marque o apartado correspondente do formulario de inscrición. Non esqueza asinar o formulario, indicar o nome do titular da tarxeta, a data de caducidade e o código de control. Aceptanse, unicamente, tarxetas Visa e MasterCard.
Cancelacións e Cambios
As cancelacións deberán realizarse por escrito. Aplicaranse as seguintes normas: todas as cancelacións recibidas antes do 17 de outubro darán dereito á devolución do importe aboado, excepto 25€ en concepto de gastos administrativos. A partir de dita data non se farán devolucións. As devolucións realizaranse aproximadamente un mes despois das Xornadas.
Cada cambio de nome do participante inscrito implicará unha taxa de 10€ en concepto de gastos administrativos. Só se poderán realizar cambios de nome dentro da mesma taxa de inscrición.