Semana Mundial da Inmunización 2018

A vacinación salva millóns de vidas e é unha das intervencións sanitarias de maior éxito e rendibilidade. Con todo, no mundo hai máis de 19 millóns de nenos non vacinados ou vacinados de forma incompleta, polo que corren un serio risco de contraer enfermidades potencialmente mortais. Un de cada 10 destes nenos nunca chega a recibir ningunha vacina e probablemente nunca tivese contacto co sistema de saúde.

A Semana Mundial da Inmunización, que se celebra na última semana de abril, ten por obxectivo sinalar as accións colectivas necesarias para garantir que todo o mundo estea protexido fronte ás enfermidades prevenibles mediante vacinación. O lema deste ano –Protexidos colectivamente, #As vacinas funcionan– alenta a todo o mundo, desde os doantes ata a poboación en xeral, a redobrar os seus esforzos por incrementar a cobertura vacunal polo ben común.

Para iso, os gobernos deben investir na vacinación, os promotores deben facer das vacinas unha prioridade, e a xente debe vacinarse.

Por que a inmunización é agora máis importante que nunca

A ampliación do acceso á vacinación é fundamental para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. A inmunización sistemática é un alicerce fundamental dunha atención primaria sólida e da cobertura sanitaria universal: permite establecer contacto co sistema de atención sanitaria ao principio da vida e ofrece a todos os nenos a posibilidade de ter unha vida saudable desde o inicio.

A vacinación tamén é unha estratexia fundamental para lograr outras prioridades sanitarias, como o control das hepatites víricas, a contención da resistencia aos antimicrobianos, a saúde do adolescente ou unha mellor atención prenatal e neonatal.

Fonte: OMS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies