Aberta a inscrición ao 39° Congreso semFYC

Atención! Xa esta aberta a inscrición ao 39° Congreso #MLGsemFYC, do 9 ao 11 de maio de 2019 en Málaga.

Coa familia e a súa comunidade

Desde o momento que decidimos ser médicos de familia asumimos un compromiso coa comunidade. Comprometémonos de forma empática e respectuosa a coidar da súa saúde e a loitar contra a súa enfermidade. En maio de 2019 atoparémonos no XXXIX Congreso da Sociedade Española de Medicina de Familia ( semFYC), que se celebrará en Málaga. A Xunta Directiva da semFYC outorgounos a honra e a responsabilidade de organizar a próxima edición do congreso da nosa Sociedade. No Comité do Congreso quixemos resaltar co lema «Coa familia e a súa comunidade» o máis importante que temos, que non é outra cousa que a nosa esencia: ser médicos de familia e da comunidade. Somos os médicos de primeira liña, aqueles a os que os nosos pacientes coñecen, aos que consultan os seus problemas físicos, mentais e sociais. Abarcamos moito, como moitos e rápidos son os cambios e novidades aos que nos enfrontamos na nosa sociedade. Debemos ser capaces de compatibilizar esa proximidade e sinxeleza coa adaptación aos novos retos sociais, económicos, culturais e tecnolóxicos aos que nos enfrontamos como colectivo.
Porque ti es fundamental!
Esperámosvos!

O Comite Organizador
https://www.congresodelasemfyc.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies