Jornada sobre Atención Primaria: Diagnóstico y Tratamiento

XORNADA SOBRE ATENCIÓN PRIMARIA: DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO

O Colexio Médico de Ourense e o Consello Galego de Colexios Médicos, vén manifestando a necesidade de potenciar e reformar a Atención Primaria en Galicia como o único modo de manter a calidade da asistencia sanitaria pública no seu conxunto e garantir a súa sustentabilidade.

Nesta liña o martes 13 de Novembro ás 17.30 h no Colexio Médico de Santiago imos desenvolver unha Xornada de debate e reflexión sobre a realidade actual en A. P., as causas do momento problemático que vivimos en Galicia e as iniciativas que xa se puxeron en marcha noutras CCAA -como Euskadi- para mellorar a xestión dos recursos humanos neste ámbito asistencial. Para iso contaremos con dous médicos cun longo percorrido e experiencia na Atención Primaria en Galicia, Xosé Lois López e Manuel Domínguez Sardiña. E coa presenza de Kepa Urigoitia, presidente do Colexio Médico de Araba e do Sindicato médico de Euskadi.

Ademais da colexiación, convidamos á Xornada ao SERGAS e ás catro SSCC de AP en Galicia, para debater desde todos os puntos de vista e alcanzar, se é posible, conclusións e propostas a implementar para mellorar a actual situación.
Animámosche a acudir a esta Xornada e a participar activamente na mesma. A túa achega, desde a realidade do día a día, é fundamental para mellorar, potenciar e reformar o que sexa necesario para que a A. P. poida seguir sendo a base sólida do noso sistema público de saúde.

Pulsa aquí para acceder a o Formulario de inscrición

Descargar programa:xornada ap consello galego

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies