LOS PROFESIONALES DE SALUD HABLAN ALTO Y CLARO

OS PROFESIONAIS DE SAÚDE FALAN ALTO E CLARO

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria levou a cabo a enquisa “Repensando a Atención Primaria. Un paso adiante”. sobre o conflito que vive a Atención Primaria. O obxectivo, dar voz aos profesionais de para coñecer as súas opinións sobre os problemas e recoller propostas de solucións. Difundiuse en redes sociais entre 22/12/2018 e 30/12/2018. Malia ser un momento complicado para a participación pola intensidade de actividades no traballo e no lecer durante estes días, recibíronse 298 contestaciones aportando multitude de propostas.

Acceso ao documento: https://www.agamfec.com/re-pensando-atencion-primaria-e-un-paso-adiante-onde-estamos-e-como-facemos-para-mellorar/

O presidente de AGAMFEC Jesús Sueiro, presentará O MÉRCOLES 16 de xaneiro o documento en rexistro, dirixido ao Parlamento de Galicia, a Consellería de Sanidade, o Ministerio de Sanidade e as Gerencias de Xestión Integrada de Galicia, lugares todos eles onde se debate estes días sobre a situación de Atención Primaria.

Os médicos de Atención Primaria pedimos un cambio real e profundo. OPE co 100% de prazas vacantes, 25% do orzamento de Sanidade como indica a OMS, 100% de sustituciones, 12 minutos por paciente, contratos de calidade, PACs con condicións laborais dignas… xa abonda de consultas saturadas.

Esperamos haber sintetizado as achegas de todos para construír unha voz con moitas voces que axude aos nosos políticos e xestores a coñecer a situación e tomar decisións baseadas nas necesidades reais da Atención Primaria.

Para máis información: https//www.agamfec.com/contacte-con-agamfec/

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies