Dende esta semana xa é posible inscribirse no Congreso XL da semFYC e primeiro Congreso Virtual de Medicina de Familia y Comunitaria. Grazas a un formato totalmente adaptado ás circunstancias actuais, a semFYC pon en marcha a primeira virtualización masiva dun congreso médico e presenta unha sede totalmente online deseñada para que os congresistas poidan conectarse, compartir contidos, inscribirse e interactuar dunha maneira fácil, rápida e intuitiva. Aquí podes entrar, inscribirte e consultala: www.congresodelasemfyc.com
Ademais, o primeiro Congreso Virtual da semFYC terá unha duración e uns prezos especiais para que poidas gozar da mellor ciencia mediante webinars, documentos infográficos, conexións a sesións exclusivas e materiais científicos de calidade.
O XL Congreso da semFYC e primeiro Congreso Virtual terá lugar entre os días 15 de setembro e 6 de outubro.
Así mesmo, se te inscribes agora irás accedendo a contidos exclusivos durante estes meses pre-congreso ata que, en setembro, nos volvamos ver para virtualizar Valencia.