Actualizado o documento “PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN E MANEXO DE CASOS DE INFECCIÓN ACTIVA POLO VIRUS SARSCoV-2 (COVID-19) EN ATENCIÓN PRIMARIA”

Ven de publicarse onte unha actualización do PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN E MANEXO DE CASOS DE INFECCIÓN ACTIVA POLO VIRUS SARSCoV-2 (COVID-19) EN ATENCIÓN PRIMARIA

 

Como principais novidades destacamos:

-Actualiza a definición de contacto  (páxina 16 , no pé de páxina) para concordar coa do Ministerio

Calquera persoa que proporcionase coidados a un caso ou estivese en contacto coas súas secrecións e fluídos:

–persoal sanitario ou sociosanitario, que NON utilizase as medidas de protección adecuadas, membros familiares ou persoas que teñan outro tipo de contacto físico similar ou calquera persoa que manipulara mostras biolóxicas sen as debidas medidas de protección.
-De forma xeral, a nivel comunitario, considerarase contacto estreito a calquera persoa que estivese no mesmo lugar que un caso, a unha distancia menor de 2 metros e durante un tempo total acumulado de máis de 15 minutos en 24 horas. En contornas nas que se poida facer unha valoración do seguimento das medidas de prevención, poderá realizarse unha valoración individualizada polo servizo de prevención de riscos laborais ou o/a responsable que sexa designado para ese fin.

 

Todos os casos confirmados/probables xerarán a apertura automática do perfil na plataforma tecnolóxica TELEA

 

Período de corentena contactos

Tendo en conta que o período de incubación da COVID-19 pode ser de ata 14 días, a corentena pode durar ata os 14 días posteriores ao último contacto co caso confirmado/probable, pero pódese acurtar a 10 días cando se realice unha PCR no día 10 e o resultado desta sexa negativo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies