A Agamfec a sociedade dos médicos de familia de Galicia quere mostrar ante a poboación o rexeitamento das medidas que ven de tomar o SERGAS. Semellan medidas paliativas e poñen de manifesto o estado de saúde da Atención Primaria (AP).
Non teñen moito de novedade: a intersustitución levámola facendo anos asumindo a carga laboral dos nosos compañeiros ausentes. E contén unha mensaxe pouco compatible ca preocupación pola saúde dos nosos cidadáns: a administracion vainos pagar mais, pouco mais por certo, por acumular máis doentes nas nosas sobrecargadas axendas. O que ven querer decir, pagar mais por traballar peor, non atender axeitadamente e con tempo os nosos doentes supón un premio no Sergas.
Non podemos deixar de levantar o voz da protesta ante estas medidas que son froito dunha tremenda falta de previsión e improvisación. Levamos anos denunciando a situacion da AP e na morea de comunicados xamais pedimos cartos. Pedimos traballo en condicions dignas para asistir a nosa poboacion con profesionalidade. No traballamos con máquinas, as persoas merecen tempo.
Sempre defenderemos retribucions xustas i en igualdade que as dos médicos do hospital e cos mesmos pagos por gardas o xornadas extraordinarias, por suposto, pero por riba de todo, unha organizacion que permita a continuidade nos cuiddados profesionais que é a mellor medida para garantir mellores estandares de saude na nosa comunidade.