AGAMFEC Y LA CONVOCATORIA DE HUELGA EL 9, 10 Y 11 DE ABRIL

AGAMFEC E A CONVOCATORIA DE FOLGA O 9, 10 E 11 DE ABRIL

A xunta directiva de Agamfec quere dirixirse a todos os socios, os profesionais da Atención Primaria, os medios de comunicación, a administración sanitaria e a cidadanía en xeral para explicar o seu apoio á folga convocada en Galicia para os próximos días 9, 10 e 11. Sendo unha sociedade científica que promove o coñecemento e a formación, tamén figura como o seu fin no punto terceiro dos seus estatutos:

“3. Mellorar a calidade da Atención Primaria e de todos os ámbitos profesionais da Medicina Familiar e Comunitaria, dando resposta ás necesidades de saúde dos cidadáns, e con este obxectivo traballar para constituírse nun referente social nestes ámbitos.”

Nesta situación excepcional de emerxencia sanitaria en Galicia e no conxunto do estado, onde a falta de financiamiento ao que nos conduciron as xerencias integradas, a precariedade que exerceron como pretexto da crise, a falta de relevancia do nivel asistencial, o abandono por parte da administración sanitaria, a sobrecarga e falta de tempo para atender a poboación, non podemos mirar para outro lado e poñernos de perfil ante esta deterioración da primaria que alcanza cotas insoportables e dimensións de tormenta perfecta. Temos que dar un paso como referentes que pretendemos ser do nivel asistencial e ante os nosos pacientes, para explicar que non podemos permitir continuar cunha situación que non nos permite dedicarlles o tempo que precisan, a tranquilidade dunha consulta sen abafos que favorecen cometer erros e a falta de seguridade que comporta e a falta de realización de actividades que esta sobrecarga non nos permite. Esta folga é por eles, polos nosos enfermos, pola súa seguridade, para que de verdade sexan o centro do sistema e a Atención Primaria o seu referente. Esperamos que podamos en pouco tempo ter respostas ás nosas demandas, que son a súas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies