ALEGACIÓNS DE AGAMFEC AO DOCUMENTO DA REUNIÓN ENTRE OS REPRESENTANTES DO CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE MÉDICOS E SOCIEDADES CIENTÍFICAS DE ATENCIÓN PRIMARIA E O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE O 20 DE MARZO DE 2019 CUN ÚNICO PUNTO NA ORDE DO DÍA, BORRADOR DO NOVO MODELO DE ATENCIÓN PRIMARIA
Na reunión mantida na Consellería, a Presidenta de AGAMFEC preguntou si cabían alegacións ás conclusions da mesma. A resposta foi que o resultado da reunión plasmaríase nun acta, non nun acordo, e que si caberían alegacións.
ALEGACIÓNS á Acta da reunion dia 20 de marzo de 2019
- Primeira. O documento debe titularse ACTA DA REUNIÓN MANTIDA… desaparecendo o término “acordo”.
- Segunda. No punto 1 non se trata das estratexias de Atención Primaria si non da elaboración da “Estratexia de Atención Primaria” sustituindo ao “Borrador do Novo Modelo” que rexeitamos. O cambio é unha cuestión fundamental, e propusose para diferenciar ambas propostas.
- Terceira. No punto 1 pedíuse acceso aos sistemas de información necesarios para a elaboración da Estratexia. Os representantes da Consellería dixeron que estará dispoñible e haberá un cuadro de mandos para SAP nun prazo de tres semanas.
- Cuarta. No punto 4: “Introducir fórmulas de incentivación da figura do tutor de residentes (méritos, económicos, programa formativo propio). Establecer o requisito de ser titor acreditado para aceder a prazas de centro docentes en concurso de traslados.
- Quinta. No punto 7: As medidas expostas contarán coa financiación necesaria. A financiación necesaria farase pública nas próximas tres semanas. A financiación que cursa das necesidades da Estratexia orzamentarase para o seguinte exercicio.
Susana Aldecoa Landesa
Presidenta da AGAMFEC