O 7 de Abril conmemórase pola OMS o día mundial da saúde coincidindo coa data da súa fundación da que agora hai 75 anos. Cifra redonda na que elixiu como lema “Saúde para todos” que lembra o famoso: saúde para todos no ano 2000, punto de partida dunha viaxe que puxo no horizonte de todos os paises a Atención Primaria como garante de equidade e universalidade da atención sanitaria. Este 12 de Abril, como tódolos anos, celebramos o día da Atención Primaria.
Nestes momentos de crises e recortes, de cuestionamiento do sistema público, de preocupación pola sustentabilidade pero tamén de maior esperanza de vida que nos fai sentir a vulnerabilidade e fraxilidade dos maiores e pacientes crónicos, é necesario lembrar a importancia do primeiro nivel asistencial, a Atención Primaria porque é a que vai permitir a todos os cidadáns de todos os países ter unha asistencia próxima, digna e personalizada. Vai asegurar a equidade e o seguimento.
Os grandes avances médicos son moi importantes, non podemos renunciar a eles nin a innovación, pero non podemos enganarnos: non van poder ser nunca accesibles a todo o mundo. O que asegura a equidade e a cobertura sanitaria, así como a sustentabilidade a longo prazo do sistema sanitario é a Atención Primaria de saúde.
Celebremos estes dias a súa permanencia e loitemos sempre pola súa fortaleza.