15 Recomendacións de non facer en urxencias

Se non facer dano é un requisito ético esencial que debe terse presente en calquera contorna sanitaria, o é aínda moito máis na atención urxente, onde en moitas ocasións débense tomar decisións rápidas, en pacientes con elevado grao de complexidade e que comportan un compromiso vital ou risco de secuelas graves permanentes. Así mesmo, a atención á patoloxía urxente é unha dimensión máis da Medicina Familiar cuxo peso formativo no currículo da especialidade ocupa unha parte importante e esencial. Por todo isto, a semFYC prioriza este ano realizar unha nova edición de recomendacións de «NON FACER» poñendo, neste caso, o foco de interese na patoloxía urxente. Propóñense 15 novas recomendacións (5 diagnósticas e 10 terapéuticas) que abarcan un amplo abanico de situacións en urxencias.

As 15 recomendacións de «NON FACER» en urxencias
1. Ante unha urxencia hipertensiva NON hai que diminuír de forma rápida nin excesiva as cifras de presión arterial.
2. NON administrar osíxeno aos pacientes adultos con sospeita de síndrome coronario agudo con saturación de osíxeno normal.
3. NON hiperosixenar tras saír dunha parada cardiorrespiratoria: inmediatamente tras a reanimación cardiopulmonar, hase de manter a saturación de osíxeno en sangue arterial no rango de 94-98%.
4. En situacións de hipovolemia aguda, NON hai que administrar grandes volumes de líquidos intravenosos ata lograr o control da hemorraxia. Os líquidos han de repoñerse de forma limitada para manter unha presión arterial sistólica por encima dos 80-90 mmHg.
5. NON prescribir antibioterapia en todos os casos de exacerbación da enfermidade pulmonar obstructiva crónica.
6. NON administrar corticoides de maneira sistemática no tratamento da lesión medular aguda traumática.
7. NON realizar lavado gástrico de forma rutineira nas inxestas medicamentosas que non cumpran os criterios de indicación.
8. NON realizar tira reactiva en pacientes con sonda vesical.
9. NON facer radiografía simple de abdome en caso de dor abdominal agudo, salvo que exista sospeita de obstrución ou perforación.
10. NON realizar radiografía de tórax sistemática nas agudizaciones asmáticas.
11. NON realizar sistematicamente radiografía nas escordaduras de nocello (regras do nocello de Otawa).
12. NON realizar tomografía computarizada cranial en pacientes adultos non anticoagulados con traumatismo cranioencefálico leve (Glasgow 15) secundario a síncope e avaliación neurolóxica normal.
13. NON utilizar a vía intramuscular para a administración de fármacos de forma rutineira.
14. NON colocar de maneira sistemática unha sonda nasogástrica en pacientes con sospeita de hemorraxia dixestiva alta non varicosa.
15. NON utilizar butilbromuro de escopolamina (Buscapina®) no tratamento dos cólicos renais.

Mais información en

http://e-documentossemfyc.es/15-recomendaciones-de-no-hacer-en-urgencias/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies