O 16 de marzo a Organización Médica Colexial (OMC) conmemora o “Día Nacional contra as Agresións no Ámbito Sanitario”, unha data que a corporación, xunto aos Colexios de Médicos e os Consellos Autonómicos, vén lembrando desde o asasinato en 2009, dunha médico de familia en Moratalla (Murcia). O obxectivo é sensibilizar ás administracións públicas, aos propios profesionais e aos cidadáns do grave problema que significan as agresións a sanitarios porque afecta de forma substancial á actividade sanitaria e, por tanto, á propia sanidade que é un dos alicerces básicos da nosa sociedade do benestar.
A Organización Médica Colexial (OMC) creou en 2010 o Observatorio de Agresións a través do cal, fóronse recollendo as denuncias rexistradas nos colexios de médicos de toda España (máis de 2.400 desde entón), datos que revelan a magnitude do problema, así como a prevalencia continuada do mesmo. En 2016 as agresións a médicos aumentaron un 37,12%, recolléndose 495 casos.
As agresións, ademais dun problema de violencia en si mesmo, levan unha deterioración da relación de confianza entre médico e paciente, fundamental nesa relación e repercuten gravemente na saúde e calidade de vida do profesional agredido.
O lema deste ano: “Ante as agresións a sanitarios, tolerancia cero”