Porque unha parte básica do campo que abarca a Medicina de Familia consiste na Atención á Comunidade, este ano AGAMFEC combina as labores de formación sanitaria específica cunha serie de encontros coa propia poboación galega nos que poder compartir o que somos, o que vivimos, o que esperamos chegar a ser e facer, as nosas aspiracións de saúde e os medios que poñemos para conseguilo.
AGAMFEC organiza un calendario de charlas e debates sobre temas de plena actualidade con entrada libre, e estás invitado desde xa.
Descarga o programa das Xornadas “Saúde para todos en Vigo” pulsando aquí
Xornadas “Saúde para todos en Vigo” AGAMFEC 2015
Do 16 ao 19 de novembro. Encontros para a poboación en xeral nos que intercambiar experiencias, datos e vivencias. Con temas de máxima actualidade:
- Obradoiro de actividade física e promoción da saúde.
Luns 16 de novembro, 16:30 – 20:30 h. Carpa na Porta do Sol, Vigo.
Impartido polo Grupo de Actividade Física e Saúde da AGAMFEC. - Novas tecnoloxías. Novas enfermidades? Tecnoadiccións, tecnoestrés. Os riscos das novas ferramentas no ámbito familiar e escolar.
Martes 17 de novembro, 19:30 – 20:45 h. Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).
Impartido por Víctor Julio Quesada Varela, coordinador do Grupo de Novas Tecnoloxías da AGAMFEC. - Día Mundial da EPOC. Que é a EPOC e por que poñer o seu nome a un día?
Mércores 18 de novembro, 19:30 – 20:45 h. Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).
Impartido por Jaime Gonzálvez Rey, Fátima Díaz Mosquera e Isabel Portela Ferreño do Grupo de Traballo de Enfermidades Respiratorias e Abordaxe ao Tabaquismo da AGAMFEC. - Quéreme moito, quéreme ben. Obradoiro de prevención da violencia de xénero na adolescencia.
Xoves 19 de novembro, 19:30 – 20:45 h. Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo).
Impartido por Rosana Izquierdo Fernández, coordinadora do Grupo de Violencia de Xénero da AGAMFEC. - Sendeirismo O 22 de novembro ruta en barco a Cangas, e sendeiro entre Cangas e Liméns.
Actividade aberta a todos os participantes do congreso e cidadanía. Pulsa aquí para ter mais información da ruta.
Organizado polo Grupo de Actividade Física e Saúde da AGAMFEC.
Descarga o poster da Semana da Atencion Primaria pulsando aquí
Este ano AGAMFEC celebra en Vigo os seus vinte anos de Congresos de Medicina de Familia, e querémolo celebrar rompendo con todo o establecido, coas ideas preconcibidas acerca dun congreso, e en vez de dous únicos días, ampliamos a duración do noso evento a toda unha semana, concretamente do 16 ao 22 de novembro, sete días enteiros de actividades: A Semana da Atención Primaria.