Despois de tantos años de olvido da Atención Primaria, despois de tantas advertencias do envellecemento da plantilla e a falta de relevo, despois de años de descapitalización, non so no sentido económico, da medicina familiar e comunitaria, tras lustros de contratos basura e precariedades, agora a administración empeza a tomar “medidas”. A falta de previsión leva a tomar decisions desesperadas, trasmitindo a sensación de que a administración sanitaria é un polo sen cabeza: primeiro deciden triplicar a oferta de plazas e despois obligan as facultades a incrementar o número de alumnos, con resultados coñecidos: sí formamos nas últimas décadas en todo o país 40.000 médicos de familia e non os contrataron! Foron expulsados polos que agora os botan en falta.
Como colofón de ninguneo da AP, agora afrentan a formación. O único que quedaba valioso será sometido a un atropelo. Os contratos de formación dos residentes xa non se van cumplir, o esforzo dos titores xa non é que non teña recompensa, non ten nin consideración. O Sergas pretende que os residentes traballen con contrato de dudosa legalidade como especialistas antes de finalizar o seu período formativo, isto é: traballar con contratos no sistema público para tapar os ocos da sua neglixencia. Non se poden facer mais desastres en menos tempo. A planificación e previsión non entra no currículum formativo da nosa consellería. Agardamos que reconsideren este tipo de medidas polo ben da seguridade e sentido común.
ENLACE ao Acordo do Consello de Dirección do Servizo Galego de Saúde do 5 de xuño de 2024