Acordos en ENFERMIDADES RARAS

o 29 de xullo de 2015. O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e os conselleiros de Sanidade das Comunidades Autónomas tamen acordaron incluír no financiamento público os vendaxes e apósitos empregados para o tratamento dos pacientes dunha enfermidade rara coñecida como “Pel de bolboreta”, así como para todalas enfermidades dermatolóxicas raras para as que sexa necesario o uso continuo de material de cura, xa que o tratamento clínico destas enfermidades consiste en colocar apósitos e antisépticos o que, en moitas ocasións, supón tamén un elevado custo para as familias. E é que algunhas das lesións poden necesitar curas durante anos. A partir de agora, terán acceso a estes materiais de balde desde os centros de saúde.

Ademais deste punto, hai máis temas do Consello Interterritorial que se centran en mellorar a calidade de vida dos máis de tres millóns de españois que sofren unha enfermidade rara en España. Trátase do Rexistro Estatal de Enfermidades Raras, que fará posible manter un censo de pacientes para coñecer a incidencia e prevalencia de cada enfermidade para poder orientar a planificación e xestión sanitaria.

Así mesmo, determinouse a necesidade de crear centros de referencia para tratar 2 novas patoloxías, unha delas, precisamente, a epidermólise bullosa e, á vez, designar 11 Centros e Unidades de Referencia para varios trastornos, incluídos algúns pouco frecuentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies