O Día Europeo das Linguas (EDL) é un día para fomentar a aprendizaxe de idiomas en toda Europa.
Por iniciativa do Consello de Europa, o Día Europeo das Linguas celébrase todos os anos, o 26 de setembro, desde o Ano 2001.
Os obxectivos específicos da Xornada son:
- concienciar sobre a importancia da aprendizaxe de idiomas co fin de aumentar o plurilingüismo e o entendemento intercultural;
- promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa;
- fomentar a aprendizaxe permanente de idiomas dentro e fóra da escola.
Feliz Día Europeo das Linguas 2015!