O comité avaliador concedeunos a acreditación WIS (Web de interese para a saúde).
Esta certificación acredita a calidade e profesionalidade de toda a información que aparece na nosa web, feita e revisada por profesionais da Medicina Familiar e Comunitaria.
Para nós, representa o resultado dun longo traballo e dedicación ó mundo da Atención Primaria, nas suas distintas vertentes: ó redor da actividade asistencial, atención continuada e urxente, docencia, investigación, …. froito do esforzo e perseverancia de todolos membros da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria ( AGAMFEC ).
Os principais puntos tidos en conta, foron:
- O seu interese científico, por ser unha páxina que traballa coa educación continuada dos profesionais sanitarios e / ou divulgación do coñecemento médico.
- A súa orixinalidade na aportación de Coñecementos Xerais.
- A súa confidencialidade, pois o material publicado na nosa web non vulnera o segredo profesional nin o dereito á intimidade dos pacientes.
- A súa ética, por cumprir os códigos deontolóxicos que afectan ó colectivo sanitario a nivel internacional.
Noraboa a todos.
Saudos.