No 17 de maio, dia das Telecomunicacions e internet, e dia das Letras e Lingua galega, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC) ven de sumarse as institucions que empregan o dominio .gal como mostra de apoio e fomento da Cultura e Lingua galega na Internet
Xa podes acceder os nosos contidos dende www.agamfec.gal
Tranquilos non tedes que facer ningún cambio, manteremos operativos os dous dominios, o tradicional www.agamfec.com e o novo www.agamfec.gal
No ano 2005 o dominio .cat abriu a porta os dominios de tipo cultural, sendo o de Cataluña o primeiro deste tipo recoñecido pola ICANN no mundo.
No 2006 a Asociación PuntoGal puxo en marcha o proceso de consecución do .gal. Pero non foi ata o 2014, cando apareceu a primeira web .gal, e o 25 de xullo de 2014 se activaron os 93 dominios pioneiros. Agora, un ano despois, cando se está a piques de alcanzar os dous mil rexistros, agamfec unese a esta iniciativa o día de celebración das Letras Galegas co simbólico agamfec.gal
Nos vindeiros meses seguiremos poñendo en marcha novas campañas así como a renovación da nosa páxina web e servizos.
Saudos
Dr. Victor Julio Quesada Varela
Vocal Web AGAMFeC. Coordinador Grupo de Novas Tecnoloxías.