Un sistema sanitario de inspiración universal e de finanzamento mediante impostos como é o noso precisa dun sistema piramidal de atención sanitaria. Como tódalas pirámides, a base ha de ser sempre o sostén de todo o que se atope por riba. A nivel sanitario, esa base é a Atención Primaria. Non crer e non potenciar-apoiar esta idea implicaría sempre non crer ou coñecer o sistema sanitario que temos e levar cara un cambio de sistema ou cara o colapso do que temos.
As bases da Atención Primaria son:
- A súa accesibilidade: estamos preto dos pacientes, das persoas. Coñecemos os seus problemas dende a perspectiva bio-psico-social, non só dende a parte máis bioloxicista do resto das especialidades médicas.
- O seu maior poder resolutivo: carecemos de alta tecnoloxía, máis así somos capaces de resolver máis do 90% das consultas. O acceso, dispar segundo áreas, a probas complementarias básicas permitiría que poidesemos aumentar as tasas resolutivas –xa altas de por si-, sempre a un menor custo que en calquer outro escalafón do sistema.
- O persoal: medic@s, enfermeir@s, residentes (das especialidades de medicina e enfermeiría Familiar e Comunitaria), odontológ@s, traballadores sociais, fisioterapeutas e persoal administrativo. Sen eles, a Atención Primaria non tería sentido, máximo cando para fortalecer un sistema é necesario persoas que o fagan funcionar, non só medios materiais.
- A importancia da promoción da saúde, dende a infancia, co programa do neno san, ata o final do ciclo vital, e das estratexias de prevención. Non esquezamos que cada € de investimento en prevención supón un aforro de 10 a 15 € o medio e longo en recursos sanitarios.
Por este motivo, no día da Atención Primaria lanzamos una dobre proposta:
- Aos DIRIXENTES POLITÍCOS: un sistema Público ha de APOSTAR POLA ATENCIÓN PRIMARIA, cos MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS NECESARIOS. Non facelo é non crer no sistema. Recortar en ATENCIÓN PRIMARIA vai contra a lóxica porque xogamos co futuro do sistema sanitario.
- A SOCIEDADE: A SOSTENIBILIDADE DO SISTEMA SANITARIO PARTE DA BASE, da ATENCIÓN PRIMARIA. A saúde hai que coidala dende a propia persoa, dende un mesmo. A Atención Primaria pode pór os medios para ensinar autocoidados, pero estos dependen tamén dun mesmo para a súa posta en práctica