A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC), a través da súa Sección de Investigación, CONVOCA 6 AXUDAS para a realización de teses doutorais.
Participantes: Poderán optar a estas axudas todas as persoas que sexan profesionais en activo da saúde dentro do ámbito da Medicina Familiar e Comunitaria e estean asociadas á semFYC.
Tema: O tema deberá estar relacionado coa especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, e desenvolverse no ámbito da Medicina de Familia.
Seguimento, presentación e aprobación da tese: O prazo estimado para a presentación e aprobación da tese non deberá ser superior a 48 meses desde a concesión da bolsa, aínda que se poderá solicitar unha prórroga xustificando as causas que a motivan.
O prazo de envío das solicitudes e documentación finaliza o 18 de marzo de 2024.
Consulta as BASES