A Asociación galega de Medicina Familiar e Comunitaria dalle a benvida a todol@s novos residentes da Especialidade que se incorporaron este ano as sete Unidades Docentes galegas e convídaos a formar parte das actividades que a AGAMFEC realiza anualmente.
Neste sentido, nos últimos tres meses leváronse a cabo actividades relacionadas coa docencia pregrado e postgrado:
- As IV Xornadas Universitarias da AGAMFEC e II edición do curso Primer Día en Urxencias para estudiantes de Medicina, en colaboración coa asociación estudiantil MEIGA, con gran aceptación por parte dos estudiantes de Medicina un ano máis.
- As I Xornadas de Titores, nas que se abordaron temas de docencia MIR tan importantes como a investigación e o futuro das Unidades Docentes, así como talleres de formación para os titores sobre responsabilidade legal do titor e web 2.0
- As XVII Xornadas de residentes e IV Xornadas de XMF, que se celebraron en Vigo, con máis de 70 inscritos, nas que, un ano máis, a AGAMFEC combinou formación en materias do día a día (Electrocardiografía, Exploración Articular) e talleres máis específicos das Urxencias (trastornos metabólicos, patoloxía respiratoria terminal e uso de dispositivos ventilatorios invasivos), con moi boas valoracións nas enquisas por parte dos asistentes. Asimesmo, na mesa de debate (baixo o epigrafe do residente nas urxencias) debatíronse entre os residentes das unidades docentes, e os poñentes -titores dos servicios de urxencias hospitalaria e extrahospitalaria-, a situación actual do docencia nos servicios de Urxencias.
Decalogo SER semFYC – AGAMFEC 2014
Convidámosvos a formar parte da AGAMFEC (recordade que no primeiro ano de residencia a inscripción é de balde) e a desenrolar a nosa especialidade a través da sociedade científica dos médicos de familia.
Xunta Directiva da AGAMFEC