Como sabedes, dende este ano a revista Cadernos de Atención Primaria está incluida en IBECS (http://ibecs.isciii.es), o que é un grande logro para unha revista realizada co esforzo altruista dos comités e da xunta directiva da AGAMFEC, así como de todos os autores que envían os seus traballos, de todos/as que participan como avaliadores e, como non, tamén dos lectores.
Isto supón un ran fito, longamente agardado dende que en 2018 se iniciara a revisión por pares dos artigos.
Sen embargo, para continuar con esta tarefa precisamos da vosa colaboración, mediante o envío de Orixinais, para podermos seguir mantendo os estándares de calidade esixidos.
Podedes realizar os vosos envíos dende o seguinte enlace