O vindeiro xoves día 27, celébrase en Vigo a MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA.
Chégannos noticias de que nalgún centro están a obrigar a retirar os carteis informativos ao publico.
Polo que tanto se podes asistir á concentración coma se non, propoñémosche que deas a cara por unha Atención Primaria de Calidade, cambiando a túa imaxe de perfil nas redes sociais que participes, pola que aparece a continuación:
Así durante esta semana serás a voz dos teus médicos de cabeceira, mostra o teu Apoio e Solidariedade cambiando a túa imaxe de perfil, por un trato digno aos profesionais e usuarios de Atención Primaria.
Se queres asistir á manifestación, esperámosche o 27 de decembro ás 20 horas, nas portas do PAC de Vigo ( Rúa Pizarro, 22).
Se non sabes como chegar, pulsa aquí para mostrar mapa.
Grazas por sumarte a esta campaña.
Feliz semana!