Moitos médicos de familia espertámonos o sábado 27 coa noticia de que non temos formación en coidados paliativos, segundo confirmaba o presidente da sociedade galega de coidados paliativos no articulo:
Morir bien atendido en España depende del código postal https://elpais.com/sociedad/2018/10/23/actualidad/1540285550_125845.html vía @el_pais
Eu son presidente da sociedade galega de medicina de familia, referente de coidados paliativos do meu centro e podo asegurar que é unha afirmación absolutamente falsa.
O peor do caso é que cos xestores que temos, cando xorde unha noticia dunha suposta mala atención, neste caso á morte, no canto de analizar as causas (que non é un problema de formación senón de medios) apresúranse a crear unidades especializadas para resolver desde o hospital o que , neste caso, de xeito evidente non pode. É evidente que resulta máis barato, custo-eficiente e accesible, apoiar á Atención Primaria dotala e financiala adecuadamente. Pero esa solución nunca sairá dun despacho hospitalario.
Pola súa banda os médicos no hospital adoitan argumentar o importante que é “a súa” unidade e magnificar os problemas para conseguir expandirse e aumentar a súa parcela hospitalaria. Por desgraza nunca oiramos como por boca do Dr. Mosquera, usar como argumento para crecer, denostar menosprezar e insultar aos médicos de familia aos que nos sobra o que a el non lle alcanza: humildade, tesón, compromiso coa xente e compañeirismo.
Atentamente
Dr. Jesús Sueiro Justel
Presidente de AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria )