AGAMFEC, a sociedade dos médicos e médicas de familia galegos ten que voltar, por desgracia, a denunciar ante os medios e a cidadanía a ilegalidade que pretende facer o Sergas para paliar a sua falta de previsión e abandono da Atención Primaria. Chegounos a noticia de que na área sanitaria de Pontevedra, como xa o intentaran antes en toda a comunidade, pretenden contratar médicos residentes en formación para cubrir plazas de persoal sanitario estatutario, nunha manobra que xa se ten denunciado como contraria a lei e que vulnera as características dos contratos de residentes que son médicos en formación.
O derradeiro intento foi bloqueado polas denuncias feitas, entre outros, por AGAMFEC. A nosa asociación defende a Atención Primaria e os residentes en formación, que non poden ser empregados como man de obra para suplir a ineficiencia e falta de previsión dos nosos xestores sanitarios. Para conseguir unha asistencia de calidade non se poden tomar atallos e moito menos saltarse algo tan fundamental como a formación dos nosos futuros profesionais.
Agardamos que se retire de xeito inmediato este despropósito polo ben da nosa cidadanía e o respeto a formación dos residentes da nosa especialidade.
Totalmente de acuerdo
Unha vez mais o Sergas ninguneando á formación.
100%
Dada a situación actual de escasez de médico de AP, se os MIR de 4º ano fan atención xa nas Gardas e Centros de saúde Consulta supervisada , considero que nos últimos 6 meses de formación poden asumir responsabilidade sempre que poidan ter ao lado un médico consultor. (sempre de forma voluntaria e cobrando o salario propio de Medico de AP)