A Xunta Directiva da AGAMFEC comezou un plan no 2014 para modernizar a estructura online da sociedade, co fin de poder ampliar as ofertas e contidos que ofrece os seus soci@s a través da páxina web da asociación. Esta modernización conlevaba unha serie de cambios que abarcarían un periodo de tempo duns tres a seis meses.
Por motivos axenos a Xunta Directiva, este periodo comezou a prolongarse mais aló do pactado inicialmente, ante o cal a Xunta Directiva reaccionou pedindo celeridade a secretaría técnica contratada para tal motivo.
Por causas que a Xunta Directiva non puido evitar, a empresa contratada incumpliu os prazos e comezou a dar mostras tamén de erros na labor de secretaría técnica. A principios do ano 2015, os responsables da secretaría técnica, de forma unilateral, solicitaron a Xunta Directiva desvincularse da modernización da páxina web. Ante esta situación, e o incumplimento do contratado, a Xunta Directiva, en reunión da mesma, opúxose a unha rescisión unilateral dun contrato, decidindo facer no primeiro trimestre do ano 2015 unha avaliación das deficiencias para ser notificadas a secretaría, co fin de ser subsanadas canto antes.
Nembargantes, a situación non mellorou, e incluso empeorou. A principios do verán, tras reunión da Xunta Directiva coa secretaría técnica, decídese rescindir de modo amistoso o contrato ante as graves deficiencias que estaban a provocar nos soci@s e na funcionalidade da AGAMFEC, e buscar alternativas.
Tras un mes dende a rescisión amistosa do contrato, a antiga secretaria técnica, por motivos que descoñece esta Xunta Directiva, mantén certos datos aínda no seu poder, impidindo o correcto desenvolvemento das labores da nova secretaría técnica.
Anque seguimos traballando para solucionar este problema, esto ocasionou nos meses de verán uns desaxustes na páxina web e de cara ós asociados que a Xunta Directiva está a coñecer dende fai uns días e dos que é axena, anque estamos traballando para solucionalos canto antes.
Pedir disculpas polas demoras ocasionadas ós socios e futuros socios, tanto na actividade online como nas publicacións da revista Cadernos, xa que se trata dunha situación provocada por terceiras persoas e que estamos intentando solventar.
Xunta Directiva da AGAMFEC
Santiago de Compostela, setembro de 2015