A xunta directiva da Agamfec, sociedade que representa a preto de 1.000 médicos de familia galegos quere, a través deste comunicado, dirixirse a tódolos médicos e profesionais da atención primaria galega, a cidadanía e os nosos directivos, para amosar a nosa solidariedade e apoio os nosos compañeiros que co seu xesto valente e decidido foron quen de facer visible o fastío dos profesionais de atención primaria na situación actual. A precariedade e abandono do primeiro nivel levamos tempo denunciándoo e tratando de colaborar ca administración na procura de solucións. A pesares das interminables reunións, discusións e tempo perdido, nunca temos sentido o apoio dos nosos xestores.
Resulta curioso, ademais de tristemente previsible, a reacción positiva dos cidadáns en defensa dos seus médicos de cabeceira, os seus médicos de verdade. Pola contra rexeitamos as declaracións do xerente da EOXI viguesa que trata de mentireiros os nosos compañeiros. Temos sospeitado en moitas ocasións que os directivos, calados sobre estes temas, non tiñan coñecemento da atención primaria, agora que falan xa nolo amosan con rotundidade. A falta de respeto a profesionais de larga traxectoria na medicina e acreditada valía, non casa ben ca sempiterna cantinela de que o mais valioso do sistema sanitario son os seus recursos humanos. Menudo xeito de manifestalo!
Seguimos insistindo no mesmo: os problemas non teñen solucións a custe cero; compre unha aposta decidida pola atención primaria e non buscar arranxos cosméticos para saír do paso.
Sirva este escrito e as suas firmas como forma de solidariedade compartida por tódolos que creemos na Atención Primaria de Calidade, cun trato digno os seus profesionais e os usuarios obxectivo final da nosa actividade.
Se estás de acordo Asina a petición! en http://chng.it/mGWJGG5p e non esquezas difundila nas tuas redes sociais e con carteles .
Para más información:
https://www.agamfec.com/contacte-con-agamfec/