Consenso de recomendacións para o diagnóstico precoz, a prevención e a atención clínica da hepatite C en Atención Primaria

Publicamos a guia de hepatite que fixemos en colaboración con outras sociedades,  e da que é coautor, o noso compañeiro, Santiago Pérez Cachafeiro do GRUPO DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS da AGAMFEC.

A hepatite C constitúe un problema mundial de saúde pública que afecta a máis de 185 millóns de persoas, das que cada ano morren aproximadamente 350.000. Cando se cronifica, a hepatite C é unha enfermidade progresiva, e un terzo das persoas infectadas acabarán padecendo cirrose ou carcinoma hepatocelular. A pesar da prevalencia tan alta da infección, a maioría dos individuos infectados descoñecen que o están.

A diferenza doutras enfermidades virales crónicas, o tratamento actual da hepatite C cura a infección en máis dun 95% dos casos. A curación da infección evita ou detén a progresión da enfermidade hepática a cirrose e carcinoma hepatocelular, o cal ocorrerá con máis frecuencia canto máis precozmente se adminístre o tratamento. Ademais de moi eficaces, os novos
tratamentos son seguros e curan a infección en pautas de 8-12 semanas de duración. Igualmente importante é o feito de que, ademais de evitar ou mellorar o dano hepático, a curación da infección descarta ao paciente como fonte de contaxio e é un dos instrumentos máis eficaces, xunto ás medidas preventivas, nas estratexias para eliminar a infección.

A Estratexia Mundial do Sector Sanitario para a Hepatite Viral 2016-2021, impulsada pola Organización Mundial da Saúde, propón desenvolver e aplicar unha serie de medidas encamiñadas a reducir nun 30% e nun 90% os novos casos de hepatite crónica e nun 10% e un 65% a mortalidade relacionada coa hepatite para 2020 e 2030, respectivamente. A estratexia inclúe intervencións
como a prevención da transmisión, o diagnóstico e o tratamento precoz así como a atención ás persoas con hepatites víricas, especialmente en poboacións crave e con criterios de garantía e mellora da calidade, para a optimización tanto dos servizos como dos recursos dispoñibles. A nivel nacional, o Plan Estratéxico para a Abordaxe da Hepatite C no Sistema Nacional de Saúde
(PEAHC), publicado en maio de 2015, enmárcase nas mencionadas políticas internacionais de prevención, diagnóstico e tratamento das hepatites virais.

Neste contexto encádrase o presente Consenso de recomendacións para o diagnóstico precoz, a prevención e a atención clínica da hepatite C en Atención Primaria, elaborada conxuntamente e consensuada polas distintas sociedades de Atención Primaria nacionais e a Asociación Española para o Estudo do Fígado.
Os seus obxectivos son que os médicos de Atención Primaria dispoñan dunha guía sobre as indicacións e estratexias de diagnóstico precoz, os principios de estadificación, tratamento e seguimento da hepatite C crónica, os criterios de coordinación entre os diferentes niveis asistenciais, e as recomendacións específicas sobre prevención e educación en saúde.

Agustín Albillos Martínez

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies