Convocados os XVI premios semFYC para proxectos de actividades comunitarias en Atención Primaria.
A semFYC, a través do seu Programa de Actividades Comunitarias na Atención Primaria (PACAP) convoca os XVI premios semFYC para proxectos de actividades comunitarias na atención primaria. Os proxectos que pretendan ser candidatos a estes premios deberán ser presentados antes do vindeiro 30 de setembro. Tanto o primeiro como o segundo premio gañarán a inscrición do Encontro PACAP e tamén, no caso do proxecto gañador, un lote de publicacións da semFYC.
Para optar ós premios deben presentar proxectos en marcha ou rematados de carácter estatal e no ámbito da atención primaria, e o seu obxectivo debe ser o de promover a participación das persoas no coidado e promoción da saúde. Poden presentarse todo tipo de profesionais sociosanitarios, pero cada proxecto debe ter polo menos tres persoas.
Os gañadores serán decididos por un xurado nomeado pola Xunta Directiva da semFYC e seguirá os criterios de avaliación de actividades comunitarias.
Descargar criterios de avaliación dos premios
Para máis detalles sobre os termos e presentación de proxectos pode comprobar as súas bases aquí:
Descargar bases e normativas dos premios