As vindeiras XXVII Xornadas AGAMFEC de Medicina Familiar e Comunitaria celebraranse en Lugo os días 14/15 de marzo de 2025 baixo o lema “Alén da Consulta”. Estamos preparando un programa con temas diversos: iniquidades en saúde, medicina comunitaria, investigación en Atención Primaria e actualizacións en temas importantes como risco cardiovascular e diabetes que esperemos que …
Dende o Grupo de traballo de Medicina Rural de AGAMFEC, continuamos o noso Proxecto para a educación en saúde dentro do medio rural. Abordando temas diversos para a mellora de formación en saúde, nesta semana co Obradoiro: Qué podemos aprender sobre diabetes? coa Asociación de Mulleres Rurais de Calvos de Randín (Ourense).
Este curso resume a evidencia dispoñíbel con respecto á carga da enfermidade asociada con infección por VPH en mulleres e homes, a efectividade das vacinas para o VPH en diferentes poboacións e grupos de riscoo, así como o impacto e efectividade de programas de vacinación de VPH rutineiros. . O obxectivo do curso é mellorar …
Por motivos organizativos, as XXVII Xornadas AGAMFEC de Lugo quedan aprazadas ata 2025, en breve confirmaremos as novas datas e o contido do programa científico definitivo, desculpade as molestias. Comité Organizador XXVII XORNADAS AGAMFEC
Semfyc con R é o programa de acollida de residentes de semFYC, un programa formativo online de 4 anos sobre temáticas diversas, totalmente gratuito para socios e socias. Ten un curso por cada ano de residencia: R1: Introducción a motivos de consulta más frecuentes en Urgencias R2: Curso básico de Entrevista Clínica y Comunicación …
Este ano o II Congreso SEMFYC de Residentes, Jóvenes Médicos de Familia, Tutores y UU.DD. terá lugar en Santiago de Compostela os días 10-11 de maio. Un espazo de encontro para as unidades docentes, titores e titoras, xefes de estudo e técnicos de saúde onde, ademáis, defender o papel da investigación dentro das funcións principais …
Esta fin de semana o Grupo de traballo de Comunicación e Saúde de AGAMFEC realizou a súa Xornada de Entrevista Motivacional en Santiago de Compostela ensinando cómo podemos axudar a cambiar, da man de Jesús Novo e Francisco Martínez Anta, moitas grazas por participar!
Dende o Grupo de traballo de Medicina Rural de AGAMFEC, impulsamos o noso Proxecto sobre educación en saúde dentro do medio rural. Abordando temas diversos para a mellora de formación en saúde, comezamos os obradoiros en Calvos de Randín coa Asociación de mulleres rurais, que participaron nun curso de Reanimación Cardiopulmonar.