DECÍDETE A DEIXAR DE FUMAR, HOXE É O DÍA. Día Mundial Sen Tabaco 2016

Ata o martes 31 de maio de 2016, Día Mundial Sen Tabaco 2016, desde semFYC se esta desenvolvendo, a XVII Semana sen Fume

Este ano a OMS fai un chamamento a todos os países para que se preparen para o empaquetado neutro dos produtos de tabaco. Diminuíndo así o atractivo dos paquetes de tabaco e aumentando a eficacia das advertencias sanitarias.

En decembro de 2012, Australia converteuse no primeiro país que aplicou plenamente o empaquetado neutro.
En 2015, Irlanda, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e Francia aprobaron leis para dar efecto ao empaquetado neutro a partir de maio de 2016.
Varios países atópanse nunha etapa avanzada con respecto á consideración da adopción de leis sobre o empaquetado neutro.
Aínda que xa finalizou o prazo imposto por Bruxelas para a transposición en España da Directiva Europea sobre Tabaco que contempla a implantación do empaquetado xenérico, o Goberno só anunciou que continua coa súa tramitación para ser aprobada.
Segundo o informe Post-Implementation Review Tobacco Plain Packaging 2016 do departamento de saúde de Australia, as taxas de tabaquismo diminuíron do 19,4% ao 17,2% en máis de 14 anos, no que influíu entre outros a etiquetaxe xenérica neutra.
Obxectivos da campaña do Día Mundial Sen Tabaco 2016

O Día Mundial Sen Tabaco 2016 ten como obxectivo:

  • Subliñar o papel do empaquetado neutro como parte dun enfoque integral e multisectorial do control do tabaco.
  • Facilitar a formulación de políticas polos Estados Membros e a implantación mundial do empaquetado neutro proporcionando información significativa, convincente e persuasiva.
  • Alentar aos Estados Membros a reforzar as medidas e restricións relativas ao empaquetado e a etiquetaxe, en particular con respecto á publicidade, a promoción e o patrocinio, a medida que avanzan cara á adopción do empaquetado neutro de maneira gradual.
  • Apoiar aos Estados Membros e a sociedade civil nos seus esforzos contra a inxerencia da industria tabacalera nos procesos políticos conducentes á adopción de leis sobre o empaquetado neutro.

Fonte: OMS
Australian Gorvenment Department of health

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies