O médico Rural tivo que adaptarse e transformarse cos tempos, permanecendo con todo, como figura imprescindible do Sistema Nacional de Saúde.
A Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (semFYC / AGAMFeC) demostrou sempre querer estar á beira do Medico Rural, apoiando a súa proxección Internacional nos Congresos de Wonca e Euripa e, por suposto, alentando o crecemento do seu Grupo de Traballo de Medicina Rural. Co Manifesto de Melbourne como punto de partida, no Congreso de WONCA de Santiago de Compostela, iníciase o camiño para favorecer a formación postgraduada, a atención continuada, o traballo en Equipo e as posibilidades de medios diagnósticos e terapéuticos dos médicos rurais.
O obxectivo do GdT de Medicina Rural de semFYC despois destes anos, é revisar aqueles propósitos iniciais e reactivar novas motivacións para:
– Que os nosos pacientes gocen dunha Medicina accesible e de Calidade, independentemente da súa localización xeográfica,
– Para que o Medio Rural sexa atractivo para os Mozos médicos,
– Para ser un alicerce no Programa Formativo de residentes da Especialidade.
– E para o recoñecemento merecido do labor do profesional do Medio Rural.
Manifesto:
1. O Gdt de Medicina Rural pretende velar porque os cidadáns de poboacións rurais teñan acceso ás mesmas prestacións do Sistema Nacional de Saúde que o resto de cidadáns.
2. Analizar as condicións de traballo do Médico Rural: atención domiciliaria, perigo, penosidade, extensión da xornada, dispersión xeográfica das visitas. Procurar colaborar na solución destas problemáticas para ilusionar no recambio actual e futuro de profesionais de Atención Primaria Rural.
3. Solicitar unha formación continuada de calidade, impartida no mesmo medio rural ou a distancia. Detectaremos as carencias e necesidades formativas e facilitaremos a posibilidade de actualización en aptitudes, coñecementos e habilidades.
4. Promover e compartir as actividades de Promoción e Prevención de Saúde (PAPPS) e de Actividades de Saúde Comunitaria (PACAP) coas súas peculiaridades locais como parte inseparable da nosa Especialidade.
5. Promocionar as Técnicas da Información e Comunicación, como ferramentas de conexión que garantan a continuidade asistencial, a Historia Clínica dixital, os labores administrativos, as asistenciais e a comunicación con especialidades hospitalarias.
6. Fomentar a presenza da Medicina Rural na formación pre e posgrao de Medicina e Especialidades Biosanitarias. Manter e afianzar a rotación rural obrigatoria no Programa Formativo das Unidades Docentes multiprofesionais de Familia e Comunitaria.
7. Promocionar a cultura da Investigación como estratexia fundamental, promovendo os aspectos cuantitativos como cualitativos e facéndonos presentes en publicacións, congresos, xornadas e RRSS.
8. Facer visible e presente a Medicina Rural dentro e fóra do Sistema Nacional de Saúde, participando de forma activa en todos os foros que poidan ser obxecto de debate en saúde rural.
9. Colaborar e ser parte activa no asesoramento local e rexional en materia de Xestión administrativa dos Servizos Sanitarios. Ser unha referencia na planificación da Asistencia Sanitaria das nosas zonas rurais.
10. Colaborar coa Sociedade científica semFYC, cos grupos de traballo e sociedades federadas, en todo o concernente á Saúde Rural. Fomentaremosla creación de Grupos de Rural en todas as sociedades federadas de semFYC, para que poñan en valor a idiosincrasia e particularidade de cada CCAA.
CONCLUSIÓNS
– Este Manifesto busca manter a Equidade e Accesibilidade da nosa poboación rural, respectando os seus localismos.
– Ser representantes dunha medicina transversal sen esquecer a prevención e promoción da saúde,
– Ser motor na formación dos profesionais, promoción de ferramentas dixitais e da Investigación en Atención Primaria.
– Queremos ser finalmente, a forza que ilusione ás xeracións de médicos novos e que mostre as posibilidades da Medicina Rural.
Ávila, 26 de novembro de 2016.