Mercedes Hernández, coordinadora dos Grupos de Traballo da Agamfec e membro dos grupos de Envellecemento Activo e de Atención ao Maior da semFYC participará o vindeiro martes ás 11.00 nunha nova edición dos Desayunos POP, organizados pola Plataforma de Organizacións de Pacientes, que nesta ocasión se celebrará baixo o título Cronicidade e Persoas Maiores en Tempos de COVID-19.
No debate, moderado porJosé Manuel González, director xeral de Servimedia, tamén participarán a presidenta de Plataforma de Organizacións de Pacientes, Carina Escobar; o presidente do Consello Xeral de Enfermería, Florentino Pérez, e o presidente da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, José Augusto García.
Para participar no debate no que se tratará a situación das persoas maiores durante a pandemia ocasionada pola COVID-19, que se celebrará de maneira virtual na Plataforma Teams, é necesario inscribirse aquí