Cada 18 de Novembro celébrase o día Europeo para o uso prudente dos antibióticos. Con motivo deste día dende AGAMFEC gustaríanos compartir unha serie de recursos de utilidade para fomentar o uso racional dos mesmos. Estamos convencidos que co compromiso de todas e todos conseguiremos aumentar a nosa efectividade no uso de antibióticos e diminuir as resistencias.
- Breve e ao gran: as principais infeccións e os seus tratamentos en Guía de tratamento das infeccións máis frecuentes do adulto en Atención Primaria
- Un artigo de revisión algo máis amplo publicado en AMF de acceso libre Tratamiento antibiótico empírico de las principales infecciones comunitarias atendidas por el médico de familia
- Como non todo é tan sinxelo na Guia Fisterra tratamento antibiótico en situacións especiais fálannos do tratamento antibiótico en nenos, mulleres, anciáns, insuficiencia renal…( precisa suscripción)
- Como imaxe visual para ter na consulta rescatamos este Decálogo para unha prescrición prudente e un uso prudente da semFYC
- E para unha visión máis ampla o Manual de Enfermidades Infecciosas sempre é unha boa opción
E se che interesan as enfermidades infecciosas, recorda que podes participar no noso grupo de traballo ( manda un mail e informarémoste)
Además, dende a Axencia Española de Medicamentos e produtos sanitarios celebran una xornada que poderedes seguir en streaming aquí