Ata fai poucos meses, a enfermidade polo virus Ébola (EVE) era unha patoloxía exótica, afastada dos países occidentais xa que só afectaba a algunhas zonas concretas de África. A actual epidemia deu un salto cualitativo importante debido á elevada incidencia, a localización en zonas antes libres de epidemias(África occidental) e como consecuencia, a chegada a Europa dalgúns casos.
O presente documento, elaborado polo grupo de enfermidades infecciosas de semFYC, ten como obxectivo, en primeiro lugar, resumir os conceptos básicos sobre o virus Ébola, causante da febre hemorráxica, e, en segundo lugar, orientar a actuación ante un posible caso en Atención Primaria (AP). A intención é que estas recomendaciones permitan mellorar as habilidades clínicas dos médicos de familia fronte a unha patoloxía pouco prevalente no noso medio. O documento elaborouse de forma que fóra de consulta fácil, áxil e visual, e para iso ofrece recomendacions para a organización dun centro de saúde e guías «paso a paso» nas diferentes situacións de atención a un posible caso de EVE. Como sociedade científica, semFYC debe transmitir seguridade, confianza no noso sistema sanitario e na AP, e que mellor forma de facelo que ofrecer ao primeiro nivel asistencial, ferramentas de mellora e orientación da nosa práctica diaria. Así mesmo, con este documento, semFYC recoñece o papel importante que deben desempeñar a AP e os seus profesionais na detección dos pacientes con risco. Esperamos que este documento sexa de utilidade para os profesionais dos Equipos de Atención Primaria de España e que axude ás administracións sanitarias do noso país a un mellor proceso de atención aos pacientes cunha patoloxía pouco prevalente na nosa contorna pero moi importante a nivel global. Descargar documento en formato PDF