Información das datas
01/04/2016 - 02/04/2016
Todo o día
Sede de celebración
HOSPITAL MONTECELO (PONTEVEDRA)
Na/s categoría/s
fase online: 11-12 marzo 2016
fase presencial 1-2 abril 2016
créditos concedidos: 7,7 créditos / lugar: salon de actos de Montecelo
OBXETIVOS:
Xerais: Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.
Específicos: Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:
- Recoñecer a perda de consciencia.
- Realizar a apertura da vía aérea.
- Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
- Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
- Realizar o illamento da vía aérea.
- Manexar adecuadamente as vías venosas.
- Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
- Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
- Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
- Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
- Utilizar os medios de inmobilización máis axeitados.
- Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
- Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
- Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral de acordo a súa patoloxía.
Preme aqui para descargar o PROGRAMA/CRONOGRAMA e mais informacion
Número de alumnos: 20 Duración: 20 horas
As inscricións constarán como formalizadas unha vez feito o ingreso bancario na conta que se lle facilitará unha vez remita a pre-inscrición (será necesario o envío do xustificante). Unha vez cubertas as prazas establecerase un listado de espera por se se produxesen baixas. A organización resérvase o dereito de transferir as prazas canceladas ós interesados da lista de espera.
Reservas de praza
As reservas están pechadas.